Catro feridos graves e 22 de distinta consideración ao empotrarse un bus con traballadores de Inditex en Barcelona
Catro feridos graves e 22 de distinta consideración ao empotrarse un bus con traballadores de Inditex en Barcelona
Catro feridos graves e 22 de distinta consideración ao empotrarse un bus con traballadores de Inditex en Barcelona
O vehículo quedou en posición vertical apoiado na entrada dun túnel na comarca do Maresme
Catro persoas resultaron feridas graves e unha trintena de diversa consideración nun aparatoso accidente dun autocar no que viaxaban unha cincuentena de traballadores de Inditex.
O sinistro ocorreu na comarca barcelonesa do Maresme.
O vehículo quedou envorcado en posición semivertical apoiado na boca dun túnel da C-32.
A pesar de que sobre o terreo o Sistema de Emerxencias Médicas informou de que había tres feridos críticos e 22 graves, finalmente, unha vez os pacientes foron derivados a varios hospitais, a consellería de Saúde actualizou o balance.
En total, atendéronse 47 persoas.
Os Mossos d'Esquadra manteñen por agora todas as hipóteses abertas sobre as causas deste accidente, ocorrido cara ás 08.45 horas da mañá entre Pineda de Mar e Tordera.
O autocar saíra da praza Tetuán de Barcelona e transportaba como cada día a traballadores do grupo Inditex a unhas instalacións que a compañía ten en Tordera.
Segundo fontes próximas ao caso, desde 2014 a compañía Monbús prestá servizo de transporte a Inditex para desprazar aos traballadores.
Nun comunicado, Inditex asegurou que está a realizar un "seguimento individualizado" da situación de cada un dos 48 empregados do grupo que viaxaban no autobús lanzadeira e que puxo ao dispor dos feridos e dos seus familiares varias medidas de apoio e acompañamento, como traslados, servizos de aloxamento e asistencia psicolóxica.