Publicador de contidos
Publicador de contidos

Envorca un camión de madeira en Muíños e corta a circulación máis de seis horas

Envorca un camión de madeira en Muíños e corta a circulación máis de seis horas

O condutor do vehículo saíu practicamente ileso e deu negativo nas probas de alcoholemia

Camión de madeira envorcado en Muiños/Imaxe cedida pola Garda Civil Camión de madeira envorcado en Muiños/Imaxe cedida pola Garda Civil
G24.gal 19/09/2023 10:17

Un camión cargado de madeira envorcou en Muíños, Ourense, o que obrigou a cortar por completo a circulación na estrada OU-540 nos dous sentidos durante case máis de seis horas, entre as 22:00 da noite e as 4:25 da madrugada.

O condutor do vehículo, de matrícula portuguesa, saíu practicamente ileso. Foi atendido no lugar polos servizos sanitarios e deu negativo nas probas de alcoholemia.

O accidente ocorreu na parroquia de Parada de Ventosa, onde os toros de madeira quedaron esparexidos polo chan. 

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou unha ambulancia ata o lugar dos feitos e os servizos médicos atenderon ao condutor, que finalmente non tivo que ser evacuado.

Para restablecer as condicións da estrada no menor tempo posible, o 112 informou a Garda Civil de Tráfico, aos GES de Muíños e Lobios, a Protección Civil e aos operarios de mantemento da vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade