Publicador de contidos
Publicador de contidos

ERC ultima as emendas para reformar o delito de malversación

ERC ultima as emendas para reformar o delito de malversación

Este venres remata o prazo para presentalas

JxCat xa rexistrou as súas. Buscan reverter a reforma do Código penal de 2015, impulsada por Rajoy

G24.gal 08/12/2022 14:23

Esquerra ultima a súa proposta de reforma da malversación para desligala dos delitos de natureza política e favorecer así aos encausados polo procés.

E na mesma liña van tamén as enmendas de Junts per Cat, que xa presentaron.

Para o Goberno a clave na reforma da malversación é diferenciar cando hai lucro persoal de cando non. E insisten na súa liña vermella non haberá ningún paso atrás na loita contra a corrupción. 

Entre as voces socialistas, o presidente de Castela-A Mancha. Confía en que Sánchez manteña esa firmeza coa corrupción ante as pretensións dos independentistas 

Unidas Podemos presentará emendas para protexer as mobilizacións sociais, pero non entrarán na malversación. 

O PP cre que o Goberno aceptará finalmente todo o que precise Sánchez para manterse no poder.

A reforma votarase no pleno da próxima semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade