Cargando resultados...
Escala dobre de cruceiros no porto da Coruña
Escala dobre de cruceiros no porto da Coruña
25.000 turistas chegaron á cidade esta semana a bordo dun transatlántico
G24.gal
12/08/2023 14:54
Última actualización 12/08/2023 15:00
Aínda que marzo e setembro son os meses máis fortes de temporada de cruceiros do porto da Coruña, este está sendo un dos mellores agostos da súa historia.
Esta semana arredor de 25.000 turistas chegaron á cidade á bordo dun transatlántico. Os últimos dous aportaron á mañanciña, con máis de dous mil pasaxeiros que non tardaron en deixarse sentir polas rúas do centro.
Máis numeroso será o desembarco previsto para o próximo martes, día festivo en que coincidirán tres cruceiros nos peiraos coruñeses. Entre os tres suman unha pasaxe de case dez mil persoas.