Escaseza de fármacos ante a repunta de enfermidades respiratorias
Escaseza de fármacos ante a repunta de enfermidades respiratorias
Esgotadas as reservas de varios fármacos
Hai problemas de subministración dalgúns medicamentos pola alta demanda
"Hai varios medicamentos, algúns antibióticos, algúns mucolíticos, algúns antitusivos que son moi demandados nesta época do ano e que estamos tendo problemas de subministración con eles", conta o farmacéutico Ignacio Labella.
A alta demanda de fármacos para paliar os síntomas das enfermidades respiratorias está provocando desabastecemento dalgúns medicamentos. Nesta farmacia de Santiago xa o notan.
"Por exemplo o Citromax que é probablemente a citromizina máis vendida pois agora mesmo non hai. Ou xaropes, o Mucosán hai tempo que non o envían tampouco. O Efferalgan, o Bisolbón, hai varias marcas que están tendo serios problemas", apunta o farmacéutico.
Con todo os farmacéuticos queren mandar unha mensaxe de tranquilidade.
"Afortunadamente en España temos un arsenal de medicamentos moi amplo e se falta algún sempre hai algunha alternativa para suplilo", continúa Labella.
"Aínda que non sexa a mesma marca non me importaría", comenta un señor.
"O farmacéutico ás veces indícache outro medicamento que leva o mesmo principio activo e solucionas", explica unha clienta da farmacia.
"É fastidiado cando chegas e nos tes o que precisas pero non me preocupa especialmente, máis tarde ou máis cedo vanme atopar unha solución", conta outra.
Dende as farmacias advirten de que poden substituír uns medicamentos por outros sempre e cando teñan o mesmo principio activo, mesma dose e mesma fórmula farmacéutica. Do contrario hai que ir novamente ao médico.