Cargando resultados...
Os percebeiros de Bueu paran a actividade ante a escaseza de marisco
Os percebeiros de Bueu paran a actividade ante a escaseza de marisco
A confraría solicitou un estudo á Consellería do Mar para tratar de coñecer as causas
G24.gal
29/02/2024 14:07
A escaseza de percebe na costa de Bueu obriga ao paro desta arte. Pasaron de apañar 400 quilos en xaneiro de hai cinco anos a pouco máis de 30 este 2024. Desde a confraría agardan coñecer as causas desta crise tras o estudo que solicitaron á Consellería do Mar.
Nos próximos días os percebeiros debaterán un paro de catro meses para tentar recuperar o recurso. Parellamente agardan os resultados dun estudo científico que solicitaron á Consellería do Mar para saber as causas desta crise produtiva e tentar resolvela.
Entre as hipotéticas causas: o quecemento do mar, a proliferación de auga doce tanto da choiva como dos encoros e a propia contaminación.