Escolares de Santa Comba aprenden as calidades nutritivas do peixe e do marisco
Escolares de Santa Comba aprenden as calidades nutritivas do peixe e do marisco
Fixérono a través da campaña 'Ti que es un bo peixe', coa que a Xunta inculca nos máis pequenos os beneficios de incorporar a súa dieta os produtos frescos do mar
Escolares de Santa Comba deixaron por un día as aulas para adentrarse no mundo do mar. Fixérono a través da campaña 'Ti que es un bo peixe coa que os máis pequenos aprenden as calidades nutritivas e culinarias dos produtos frescos do mar. A Xunta continúa inculcando entre os escolares os beneficios de incorporar á súa dieta diaria o consumo de peixe e marisco.
"Si eses nenos aprenden a comer ben serán uns nenos sanos mañá e iso tamen baixará o gasto en sanidade pública, e temen pretendemos apoiar ao sector, se fomentamos o consumo de peixes e mariscos de Galicia tamen estaremos fomentando un incremento dese valor engadido", dixo a conselleira do Mar, Rosa Quintana.