Publicador de contidos
Publicador de contidos

España acadará o pico da vaga de calor este mércores

España acadará o pico da vaga de calor este mércores

Estará en alerta todo o país, agás as illas e zonas costeiras

G24.gal 08/08/2023 20:27 Última actualización 08/08/2023 21:28

A calor non dá tregua. Seis comunidades estiveron este martes en alerta laranxa por temperaturas entre 37 e 44 graos. E o peor e que hai moitas zonas do interior en que non refresca pola noite. En Córdoba deitáronse con 34 graos e a mínima non baixou dos 27 en ningún momento.

O episodio de temperaturas extremas dispara o risco de incendios. E o consumo eléctrico e de auga, reducindo aínda máis o nivel dos encoros.

O peor chegará este mércores con avisos vermellos por temperaturas extremas en puntos de Andalucía, Castela León, Castela A Mancha e Pais Vasco onde poderían acadar os 45 graos. Toda España terá activado algún nivel de alerta agás as illas e zonas costeiras. Aemet advirte do risco de que se produzan treboadas secas no interior peninsular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade