España envía a UME, bombeiros e dous buques da Armada para as tarefas de rescate en Turquía
España envía a UME, bombeiros e dous buques da Armada para as tarefas de rescate en Turquía
O Goberno destaca a "a solidariedade española" que se pon de manifesto en situacións coma esta
A solidariedade europea activouse dende o primeiro momento para axudar nas tarefas de rescate en Turquía. España foi un dos primeiros países en ofrecer axuda e xa desprazou á zona 85 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias e 160 militares.
Tamén se mobilizaron dous buques da Armada para aloxar persoas afectadas. E varios continxentes de bombeiros viaxan con material de axuda humanitaria e equipamento para atender as vítimas dos terremotos.
A voceira do Executivo aseguraba que isto demostra "a solidariedade española. Estamos axudando no envío, xa despegaron dous avións con efectivos da UME e con bombeiros de varias comunidades autónomas para as tarefas de busca e rescate, amais dos dous barcos que están na zona, o Xoán Carlos I e o Galicia".