Publicador de contidos
Publicador de contidos

España pecha o seu espazo aéreo ás compañías rusas na liña marcada pola UE

España pecha o seu espazo aéreo ás compañías rusas na liña marcada pola UE

Súmase ao resto de países europeos que xa tomaron esa decisión

G24.gal 27/02/2022 16:34

España procederá ao peche do seu espazo aéreo ás aeroliñas rusas, seguindo así as directrices de cooperación marcadas pola Unión Europea, informa o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a través da súa conta oficial de Twitter.

Con esta medida, España súmase ao resto de países europeos que xa pecharon os seus espazos aéreos como Alemaña, Francia, Italia, Países Baixos, Noruega, Finlandia, Islandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia, Lituania, Romanía, Eslovenia, o Reino Unido, Polonia, República Checa e Bulgaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade