España recibirá a finais de xuño 5.000 doses da vacina contra a varíola do mono
España recibirá a finais de xuño 5.000 doses da vacina contra a varíola do mono
Europa compra 110.000 doses, das que máis do 10 % serán para España
España recibirá 5.000 doses da vacina contra a varíola do mono a finais de xuño. Anunciouno a ministra de Sanidade, Carolina Darias, tras o Consello Interterritorial de Saúde.
A Autoridade de Preparación e Resposta ante Emerxencias Sanitarias da Comisión Europea (HERA, polas súas siglas en inglés) asinou un contrato coa empresa Bavarian Nordic para a compra de 109.090 doses das súas vacinas de terceira xeración con obxecto de facer fronte á actual epidemia da varíola do mono. A España corresponderalle, como mínimo, o 10 % das doses.
"Como mínimo, a España vaille tocar un 10 por cento das vacinas contratadas. A previsión é que a finais de xuño poderemos recibir as primeiras 5.000 dose de vacinas", aseverou a ministra de Sanidade.
No noso país hai xa confirmados 323 casos da enfermidade.
O Ministerio informará os martes e venres sobre os casos de varíola do mono rexistrados en España.