Cargando resultados...
España remonta dous goles e sela o seu billete para a Eurocopa (3-2)
España remonta dous goles e sela o seu billete para a Eurocopa (3-2)
A pontevedresa Tere Abelleira xogou na segunda parte
Foto EFE
G24.gal
05/06/2024 11:13
Última actualización 05/06/2024 11:23
A selección feminina española de fútbol remontou este martes un 0-2 en contra Dinamarca en Santa Cruz de Tenerife e selou a súa clasificación matemática para a Eurocopa 2025 a falta de dúas xornadas (3-2).
As nórdicas adiantáronse no minuto 18 por mediación de Thomsen, que aumentou a vantaxe no minuto 71, poñendo contra as cordas ao equipo que adestra Montse Tomé, que dous minutos despois acurtou distancias por mediación de Irene Paredes, autora tamén do gol do empate no 76'. No 92, Lucía García logrou o 3-2 definitivo que clasifica a España para a Eurocopa.
A pontevedresa Tere Abelleira xogou na segunda parte.