Publicador de contidos
Publicador de contidos

O risco de reinfección da ómicron é cinco veces superior ao da delta

O risco de reinfección da ómicron é cinco veces superior ao da delta

Rexístranse máis recaídas en dúas semanas que en toda a pandemia

Os síntomas na maioría dos reinfectados son leves

Ómicrom potencia as reinfeccións
G24.gal 09/01/2022 19:35

Respecto á variante ómicron, os expertos alertan da cantidade de reinfeccións que está provocando. En dúas semanas rexistráronse máis recaídas que durante toda a pandemia, case 21.000 casos, aínda que a maioría son leves.

O risco de reinfectarse coa ómicron é cinco veces superior ao da delta. Antes de que Suráfrica identificara esta variante, altamente contaxiosa, só dúas de cada 100 persoas que superaban a enfermidade recaían.

Agora, coa ómicron, nas dúas ultimas semanas rexistrouse unha reinfección por minuto. Contabilizaron 20.890 casos, máis que en toda a pandemia, e algúns dos afectados contaxiáronse ata tres ou catro veces. Alfredo Corell, inmunólogo:

"Os anticorpos non acaban de recoñecer ben esta variante e iso fai que infecten inicialmente moita máis xente".

Este inmunólogo asegura que a alta porcentaxe de vacinación en España evitou que a ómicron provocase un masacre. A maioría dos casos son leves, aínda que as persoas non vacinadas si poden ter síntomas máis graves. Corell non é optimista sobre a fin da pandemia.

 "Mentres non estea vacinado todo o planeta pode xurdir outra variante pasado mañá e poñer o contador a cero".

De feito, en Chipre e o Camerún identificaron dúas novas versións do virus, pero os expertos cren que non van ser relevantes. Din que unha delas, que combina a delta e a ómicron, probablemente acabará eclipsada pola variante surafricana por ser máis contaxiosa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade