Publicador de contidos
Publicador de contidos

España tremela de frío e as incidencias sucédense

España tremela de frío e as incidencias sucédense

A borrasca Juliette deixa neve, vento e baixas temperaturas 

G24.gal 28/02/2023 14:52

O descenso da temperatura deixou España tremelicando. Sábeno ben en Molina de Aragón, onde o termómetro chegou esta noite aos menos 16 graos.

E aínda que a borrasca Juliette está xa sobre o Mediterráneo, segue xerando nevaradas. A súa proximidade ás Baleares e o contacto co mar deixou neve mesmo na praia.

Mallorca está en alerta vermella por nevadas, mar malo, vento e baixas temperaturas. Na illa tamén se está rexistrando chuvia forte e persistente. Hai numerosas estradas cortadas, 5.500 persoas sen electricidade e emerxencias tivo que rescatar xente atrapada pola neve na serra da Tramuntana.

No norte peninsular, as nevadas seguen sendo abundantes e a cota de neve podería chegar a niveis por baixo dos 100 metros.

Pero todo isto é probable que mellore a partir do xoves. As temperaturas van ir subindo, aínda que van ser máis baixas do habitual nesta época.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar