Cargando resultados...
Esperanza fai dentro dun mes 105 anos: xoga as cartas, baila e bebe unha copiña de licor ao día
Esperanza fai dentro dun mes 105 anos: xoga as cartas, baila e bebe unha copiña de licor ao día
Esperanza tomando a súa copiña de licor café
G24.gal
03/11/2021 15:00
Esperanza é unha veciña de Ourense e que, cando falta un mes para que faga 105 anos, toma o seu grolo diario de licor café. Pero non é un licor calquera, é caseiro e faino ela mesma.
Ten tan boa memoria, tanta forza e destreza que nos custa crer que leve máis dun século ás costas, fachendosa ensínanos o DNI.
Un muller con chispa, como boa ourensá. Só desexa que se retomen as partidas e os bailes, suspendidos pola pandemia, gústalle solto ou agarrado, é a súa paixón.
E coqueta como é, ao baile, sempre de gala e con tacóns. E quen sabe, quizais Esperanza descubriu o elixir da eterna xuventude.