Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo tipo de calote: estafan a través das redes con ofertas de mascotas en adopción

Novo tipo de calote: estafan a través das redes con ofertas de mascotas en adopción

Os delincuentes válense de fotos dos animais como gancho para captar vítimas

Os gastos veterinarios ou de transporte sérvenlles de pretexto para esixir cartos

Félix Aragunde 10/05/2023 14:02

Xogan cos sentimentos das vítimas para lles facer chantaxe emocional e sacarlles todos os cartos que poidan. Son os delincuentes que se dedican a estafar ofrecendo mascotas en adopción nas redes sociais.

Valéndose de fotos dos animais, contan que xa non poden mantelos, co único fin de que a persoa adoptante lles dea diñeiro coa escusa do transporte ou dos gastos veterinarios.

"Atopámonos cun novo sistema, que é atacar os sentimentos das persoas. Búscase implicar a xente cos animais domésticos e atacar a sensibilidade para desprotexela de calquera viso racional", explica Manuel Arias, voceiro da comisaría de Lugo.

Os delincuentes chegan a ameazar as vítimas con denuncialas polo abandono da súa mascota no caso de que non lles dean os cartos que esixen. Ante esta nova modalidade de estafa, dende as protectoras de animais sinalan que nunca lles piden cartos por adiantado ás persoas adoptantes.

"Nós poñemos anuncios nas redes sociais co fin de que a xente vexa os cans, pero nunca pedimos cartos. É moi importante que o posible adoptante veña ás instalacións para ver como interactúan", conta Alberto Losada, presidente da Sociedade Protectora de Animais de Lugo. 

No momento en que as vítimas deciden deixar de realizar máis pagamentos e denunciar os feitos, os estafadores desaparecen, igual que os fondos transferidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade