Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este luns foi o día máis chuvioso dun mes de febreiro na serie histórica desde o 1947

Este luns foi o día máis chuvioso dun mes de febreiro na serie histórica desde o 1947

A intensa e persistente chuvia provocou incidencias en toda a comarca

G24.gal 25/02/2025 14:45 Última actualización 25/02/2025 15:01

Esta mañá os operarios afanábanse en limpar o lodo que aínda queda nas rúas da contorna da lagoa de Mera, en Oleiros. Vinte e catro horas antes, a zona estaba chea de auga. "Cando chove moito o sube a marea, desbórdase a lagoa". "Veste impotente. Ves que está subindo e que non podes facer nada".

A auga entrou no garaxe dun inmoble onde, cando estaba completo, estacionan 28 vehículos.

Un garaxe que horas despois seguía  asolagado malia haber alí dúas bombas de achique. Algúns veciños, ao ver, onte á tarde, que a situación ía a peor, decidiron sacar os seus coches, pero os que quedaron aquí estacionados, afortunadamente, non sufriron danos. Os que si se viron afectados foron os rochos, porque na zona onde están a auga supera os seis centímetros de altura.

"Moitos danos non hai, porque as cousas de máis valor xa as temos nas zonas máis altas, porque isto é recorrente". 

É un exemplo das moitas incidencias que causaron as intensas e persistentes chuvias en toda a comarca.

"Sobre todo na zona do noroeste, no oeste e suroeste da provincia da Coruña. Foi o día máis chuvioso dun mes de febreiro da serie histórica. O anterior rexistro era de 1947", explica Francisco Infante, delegado territorial da AEMET en Galicia.

Na cidade da Coruña, este 24 de febreiro foi o día máis chuvioso desde o 23 de decembro de 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade