Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estragan a escultura da familia Buciños de Vigo

Estragan a escultura da familia Buciños de Vigo

A policía detivo esta madrugada os presuntos autores de romper a patadas a escultura da familia Buciños de Vigo

Son dous homes de nacionalidade portuguesa que estaban na cidade celebrando unha despedida de solteiro

Agocharon as pezas da obra, feita en bronce, no dormitorio do piso que alugaron para a fin de semana

G24.gal 24/04/2022 21:22

Inaugurouse no ano 2019 con motivo das obras de humanización de Vía Norte. Unha escultura en bronce, de Manuel Buciños, dunha familia mirando a ría de Vigo. Así era e así quedou, despois de que dous turistas que pasaban a fin de semana na cidade, ambos portuguesesm decidiran rompela a patadas na madrugada do domingo.

Veciños e veciñas que quedan sen palabras ante este tipo de actos vandálicos. Precisamente eles, foron os que avisaron a Policía Local. 

Os presuntos autores dos feitos están detidos na comisaria da Policía Nacional. As pezas atopáronas no interior do cuarto do piso que alugaron na zona para pasar unha fin de semana na que celebraban unha despedida de solteiro. 

Un perito avaliará agora os danos e será a xustiza a que determine a multa á que se enfrontan.

A Policía descarta un ánimo lucrativo e económico por parte dos detidos, que están acusados dun delito de danos contra o patrimonio artístico e cultural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade