Cargando resultados...
Eurodeputados comproban en Galicia os métodos de rastrexabilidade do sector acuícola e marisqueiro
Eurodeputados comproban en Galicia os métodos de rastrexabilidade do sector acuícola e marisqueiro
Traballan nunha nova normativa para garantir que se coñeza a orixe dos produtos do mar
G24.gal
16/06/2022 19:46
Última actualización 16/06/2022 20:46
Unha delegación de deputados do Parlamento europeo visitan estes días Galicia para comprobar os métodos de traballo do noso sector pesqueiro e acuícola. Acompañados pola conselleira do Mar Rosa Quintana percorreron un polígono de bateas na ría de Vigo. Son eurodeputados, membros da Comisión de Pesca, que está traballando nunha nova normativa para garantir a rastrexabilidade dos produtos do mar.