Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacuados dez menores tras caer a plataforma dunha atracción en Narón

Evacuados dez menores tras caer a plataforma dunha atracción en Narón

Investigan por que romperon os eixes que suxeitaban a estrutura na que había quince persoas

As autoridades locais aseguran que pasara a revisión técnica e contaba con memoria de seguridade

A atracción foi precintada tras o sucedido
G24.gal 30/04/2023 10:11 Última actualización 30/04/2023 20:34

Na atracción ían quince nenos de entre seis e once anos cando os eixes que suxeitan a estrutura romperon e a plataforma móbil caeu con violencia.

Os cativos foron avaliados no hospital de campaña e alí mesmo comprobouse que ningún sufrira feridas ou lesións de importancia.

Aínda así, dez nenos foron trasladados a dous hospitais por decisión das familias para unha exploración máis completa.

A atracción Xamaica quedou precintada e ao longo da mañá foi desmontada e retirada. É relativamente nova: aínda non ten os dous anos.

Revisión técnica

O Concello de Narón e os responsables da comisión de festas confirmaron que os propietarios entregaran a memoria de seguridade e que as revisións técnicas e a proba de funcionamento foran satisfactorias.

A Policía Nacional asumiu as investigacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos