Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacúan ao hospital unha mulller que caeu ao mar tras chocar un veleiro nunha zona rochosa na Coruña

Evacúan ao hospital unha mulller que caeu ao mar tras chocar un veleiro nunha zona rochosa na Coruña

Entrou en parada cardiorrespiratoria, pero os sanitarios lograron reanimala

O accidente sucedeu nas proximidades do castelo de Santo Antón

Zona do Castelo de San Antón onde se rexistrou o accidente Zona do Castelo de San Antón onde se rexistrou o accidente
G24.gal 15/07/2023 15:48

Unha muller de 34 anos e iniciais A. P. P. foi trasladada este sábado a un hospital da Coruña tras  caer ao mar ao envorcar o veleiro no que navegaba canda outras dúas persoas nunha zona entre o castelo de Santo Antón e o peirao do Centenario.

A muller é usuaria do centro da asociación Aspronaga de persoas con diversidade funcional que participaba nun curso de vela adaptada que se realiza desde hai anos en colaboración co Real Club Náutico da Coruña.

Unha mala manobra foi ao parecer a causa do accidente, que deixou a muller atrapada baixo o casco. Rescatouna unha lancha pneumática e trasladouna a terra.

Malia a rápida actuación entrou en parada cardiorrespiratoria pero os sanitarios lograron reanimala alí mesmo antes de evacuala ao hospital, a onde chegou con pulso estable e fóra de perigo.

As outras dúas persoas que navegaban canda ela resultaron ilesas.

O 061 enviou ao lugar do accidente dúas ambulancias asistenciais, ambas de soporte vital avanzado. A Garda Civil realizou un atestado para tratar de determinar as causas do que sucedeu. Desde o 112 Galicia deron aviso a Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Policía Local, o grupo acuático dos Bombeiros da Coruña, Autoridade Portuaria e agrupación de voluntarios de Protección Civil da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade