Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacúan dous mozos, un deles menor, afectados pola mala combustión dunha caldeira en Ordes

Evacúan dous mozos, un deles menor, afectados pola mala combustión dunha caldeira en Ordes

Os bombeiros de Ordes nunha intervención/ Arquivo Os bombeiros de Ordes nunha intervención/ Arquivo
G24.gal 15/01/2023 11:39

Dous mozos foron evacuados esta mañá con síntomas compatibles con intoxicación por monóxido de carbono.

Segundo a información recollida polos xestores do 112 Galicia, os feitos ocorreron nun domicilio do lugar do Casal, na parroquia de Vilamaior, en Ordes.

Ata alí acudiron os bombeiros, que puideron comprobar como a mala combustión dunha caldeira de leña contribuíu a xerar unha acumulación nociva de gas no cuarto dos rapaces, o que lles provocou unha sensación de desorientación e somnolencia.

Os afectados, un deles menor de idade, foron trasladados ao PAC polos efectivos do servizo de urxencias sanitarias. Unha vez finalizada a intervención, os Bombeiros de Ordes procederon a ventilar o inmoble.

O 112 Galicia tivo coñecemento deste suceso mediante un aviso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contra as 07:30 horas. Nada máis teren constancia dos feitos, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros de Ordes, aos axentes da Garda Civil, á Policía Local e tamén aos membros de Protección Civil da localidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade