Evacúan en helicóptero un ciclista luso ferido grave tras caer en Lobios
Evacúan en helicóptero un ciclista luso ferido grave tras caer en Lobios
O accidente sucedeu cando ía en grupo pola OU-312 entre Bubaces e Lobios
Un ciclista resultou ferido grave tras perder o control da súa bicicleta e golpearse sobre a calzada cando circulaba en grupo pola OU-312 ao seu paso pola localidade ourensá de Lobios.
Resultou ferido grave e os servizos de emerxencias activaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que o evacuou ao CHUOU. Presenta un forte golpe na a cabeza.
Circulaba nun grupo de sete ciclistas. É un cidadán portugués de 53 anos. O equipo de atestados da Garda Civil de Ourense investiga as causas do accidente. Nas probas de alcol e drogas o resultado foi negativo.
Ademais dos equipos médicos cunha ambulancia e un helicóptero tamén se desprazaron ata o lugar o GES de Lobios e os servizo de Protección Civil da vila.