Evoluciona ben a nena que intentou suicidarse por sufrir acoso escolar
Evoluciona ben a nena que intentou suicidarse por sufrir acoso escolar
A rapaza aragonesa tirouse dende un cuarto piso no segundo día de clase
En Zaragoza, permanece ingresada en estado grave a nena que saltou dende o cuarto piso da súa casa nun intento de acabar coa súa vida. A rapaza evoluciona favorablemente.
O suceso produciuse no segundo día de clases e, segundo os pais da cativa, está relacionado coa situación de acoso que sofre a nena na escola dende o ano pasado.
Este é o seu segundo ano no colexio Agustín Gericó e, segundo os pais, a cativa non se viu con forzas de seguir aturando este maltrato.
A cativa falou da súa situación na casa e, segundo os pais, eles mesmos intentaron en varias ocasións que o centro tomase medidas, pero sen éxito. Din que nin sequera se activou un protocolo antiacoso.
Antes de tirarse no seu intento de suicidio a nena deixou unha carta para os pais e para a avoa.
O Servizo de Educación de Zaragoza e a policía abriron unha investigación para esclarecer a situación
Os pais pediron que a cativa e o seu irmán sexan trasladados a outra escola.
O colexio di que lamenta o ocorrido, que está en contacto permanente coa familia e que van colaborar para esclarecer o suceso.