Publicador de contidos
Publicador de contidos

Excelente vendima na D. O. Rías Baixas, a terceira mellor da historia

Excelente vendima na D. O. Rías Baixas, a terceira mellor da historia

Case 41 millóns de quilos de uva recollida, o 99.10 %, da variedade Albariño

O 63 % da produción foi no Val do Salnés 

G24.gal 03/11/2022 20:48 Última actualización 03/11/2022 21:21

Excelente vendima a deste ano na Denominación de Orixe Rías Baixas. Con mais de 40 millóns de quilos, foi a terceira mais abundante ha historia, e con uva de gran calidade. 

O ano pasado a D. O. Rías Baixas bateu todos os rexistros, e este ano a vendima non quedou atrás. En cantidade, con case 41 millóns de quilos, pero tamén en calidade, cunha uva en perfecto estado de madurez e unha boa gradación alcohólica. Malia as dificultades, todo invita ao optimismo.

"Penso que a D. O. estará crecendo arredor dun 15 % e que os recoñecementos son non só no mercado galego e territorio nacional, senón que cando falamos de Rías Baixas estamos a falar situados xa como uns dos mellores viños brancos do mundo", explica Antón Fonseca Fernández, Vicepresidente Executivo da Adega Terras Gauda.

A deste ano foi a terceira vendima mais abundante da historia da denominación de orixe Rías Baixas. Arrancaba o pasado vinte e cinco de agosto coa uva para elaboración de espumosos e rematou o pasado catorce de outubro. Nela participaron 167 adegas e case catro mil setecentos viticultores. Todos coinciden en que as expectativas para os viños da anada 2022 son moi boas.

"Están a ser un anos pospandemia francamente bos. Tanto choramos na pandemia que agora o mercado escoitounos, sobre todo o mercado de viños brancos e no caso concreto de Rias Baixas podemos falar dun modelo de éxito que non é mais que o traballo de todas as adegas da Denominación de Orixe dos últimos anos", engade Antón Fonseca.

Mais do 99 % da colleita foi de variedades de uva branca, con mais de 39 millóns de quilos da Albariño seguida polas Caiño branco, Loureira e Treixadura. Menos do 1 % da vendima foi de variedades tintas, como Sousón, Mencía e Caíño Tinto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade