Éxito da única aldea de turismo rural vegana e ecolóxica que hai en Galicia
Éxito da única aldea de turismo rural vegana e ecolóxica que hai en Galicia
Trátase da recuperación e reconversión dun lugar abandonado nun complexo de turismo rural alternativo na Mariña luguesa
O Viso Ecovillage, a revalorización do rural. Recuperada unha aldea de Ourol para destinala ao turismo rural vegano e ecolóxico
Pascale atopou en Ourol o seu sitio no mundo. Así era a aldea do Viso antes de que ela decidira deixar a súa praza de investigadora na Universidade e apostase por crear unha ecoaldea vegana destinada ao turismo rural sobre as ruínas dun lugar que levaba 30 anos abandonado.
E así é O Viso agora
Amor a primeira vista, moito traballo, un importante investimento, no que tamén houbo unha axuda de Agader e unha firme aposta persoal por recuperar esta aldea son os piares nos que se asenta este complexo turístico, que conta con 11 apartamentos, 5 cuartos con baño, dous salóns sociais, un restaurante vegano, unha piscina con hidromasaxe e unha plataforma para xogar á petanca.
Ademais aquí Pascale vive cos seus doce galgos rescatados e con Lúa, unha palleiriña adoptada en Ourol. Todos fixeron do Viso a súa casa.
Pascale aposta polos produtos quilómetro cero, por empregar no posible os vexetais da súa horta e, tamén, por crear traballo na zona; os seus empregados son da Mariña e aquí buscou os profesionais en carpintería, cantería ou albanelería que precisou para sacar adiante o proxecto.