Publicador de contidos
Publicador de contidos

Expectación en ambos os lados da raia ante a redución das peaxes en Portugal

Expectación en ambos os lados da raia ante a redución das peaxes en Portugal

Multiplicaranse os movementos e reforzará a economía das familias

G24.gal 05/05/2024 14:26

Apenas pasan vehículos por esta A-28 este domingo chuvioso que moitos aproveitan para facer a compra nun dos supermercados portugueses de máis sona en Vilanova de Cerveira.

Entre eles moitos galegos. Todos celebran a decisión do parlamento portugués de eliminar as peaxes ou portagems de moitas autovías, as antes denominadas scut, sen custo para o usuario, que pasaron a ser de pago tras a crise. Un feito que empobreceu e dificultou a vida a moitos galegos e portugueses.

Todos contan xa os días que quedan ata o 1 de xaneiro e consideran que a medida vai multiplicar os movementos a ambos os lados da raia. Portugal quedará máis preto e será máis barato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade