Publicador de contidos
Publicador de contidos

A explosión duns aerosois causa estragos nunha vivenda de Chantada

A explosión duns aerosois causa estragos nunha vivenda de Chantada

Desencaixou fiestras e marcos e provocou fendas nas paredes

G24.gal 12/01/2022 14:25

Foi contra o mediodía cando un forte estourido puxo en alerta os veciños do concello lugués de Chantada. Procedía do interior dunha vivenda situada primeiro andar. Ao parecer, o inquilino estaba a empregar uns aerosois e todo apunta a que a explosión se produciu ao entrar en ignición eses produtos.

Vicente Simón, sarxento dos bombeiros de Chantada, explica que "segundo as investigacións que fixeron, puideron ser uns aerosois tipo ambientadores que estaban botados en diferentes puntos, e non foi como unha explosión grupal tipo as de gas, foi máis pequena e non deixou tantos danos". 

Con todo, a explosión provocou importantes estragos no interior da vivenda. Romperon cristais, desencaixáronse fiestras e marcos e mesmo provocou grandes fendas en paredes e tabiques pero sen afectar a estrutura de forxados principais nin aos piares.

Foron os veciños os primeiros en auxiliar ao inquilino da vivenda e eles mesmos apagaron cun extintor un pequeno incendio que se produciu nun dos cuartos.

A vítima sufriu queimaduras nun brazo e nunha perna e foi atendido no centro médico da vila.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade