Publicador de contidos
Publicador de contidos

Extinguido tras 72 días o incendio que calcinou 25.000 hectáreas en Zamora

Extinguido tras 72 días o incendio que calcinou 25.000 hectáreas en Zamora

Imaxe de arquivo da Brif actuando no incendio en Zamora Imaxe de arquivo da Brif actuando no incendio en Zamora
G24.gal 26/08/2022 23:48

O primeiro dos dous grandes incendios que arrasaron a Serra da Culebra de Zamora, que calcinou case 25.000 hectáreas de terreo, 15.000 delas de superficie forestal arborizada, deuse por extinguido este venres pola tarde, 72 días despois de que se declarase por mor dun raio o pasado 15 de xuño.

O Servizo de Extinción de Incendios da Junta de Castela e León declarou extinguido oficialmente ese lume que, segundo as medicións da Consellería de Medio Ambiente do Goberno rexional, arrasou un total de 24.737,95 hectáreas.

O lume, que contou con distintos puntos de inicio na localidade de Sarracín de Aliste debido aos raios dunha tormenta seca, afectou a un total de 15.002,10 hectáreas de arboredo, 8.258,58 de matogueira, 813,18 de pasto, 452,52 de superficie agrícola e 211,57 hectáreas doutro tipo de superficie.

Ademais deste lume, na contorna da reserva de caza da serra da Culebra, que forma parte da reserva da biosfera Meseta Ibérica, tamén se declarou o 17 de xullo outro incendio de grandes dimensións tamén debido a un raio caído en Losacio, que se atopa controlado tras arrasar outras 31.500 hectáreas e causar a morte de tres persoas. EFE

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade