Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home de 72 anos tras impactar o seu coche contra un camión en Ribadavia

Falece un home de 72 anos tras impactar o seu coche contra un camión en Ribadavia

Foi necesaria a intervención dos equipos de salvamento para liberar a vítima atrapada no turismo

G24.gal 10/10/2023 12:19

Un home de 72 anos de idade faleceu este martes tras impactar o coche que conducía contra un camión, na estrada OU-504, no termo municipal de Ribadavia.

O sinistro ocorreu sobre as 10:15 horas, no quilómetro 2.3 desa estrada, á altura do polígono de San Cristovo, e varios particulares alertaron ao 112 para informar de que se produciu unha colisión entre un turismo e un camión de mudanzas, e que o condutor do turismo estaba atrapado.

Desde o CIAE 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de Ribadavia e Bombeiros do Carballiño, que foron os encargados de excarcerar á vítima.

O 061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, así como unha ambulancia de soporte vital básico medicalizada e un equipo de Atención Primaria, pero nada puideron facer pola vida do condutor.

Ademais da persoa falecida, os sanitarios atenderon no punto a outro home de 53 anos de idade, que non necesitou traslado a ningún centro hospitalario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade