Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece Javier Babé, o capitán do barco que participaba no 'Reto Astrolabio'

Falece Javier Babé, o capitán do barco que participaba no 'Reto Astrolabio'

A tres xornadas de chegar ao destino, sufriu unha insuficiencia cardíaca conxestiva

Dirixiu a primeira expedición á Antártida no 1982 e fixera máis de 40 travesías oceánicas

G24.gal 30/03/2024 09:39 Última actualización 30/03/2024 15:02

Este venres faleceu o mariñeiro Javier Babé, que capitaneaba o barco La Peregrina co que participaba no Reto Astrolabio para cruzar o Atlántico a vela sen instrumentos de navegación dixital.

Javier Babé tiña 84 anos, dirixiu a primeira expedición á Antártida no ano 1982 e contaba con máis de 40 travesías oceánicas.

Ás catro da madrugada, a 420 millas este de illa Guadalupe, a tres xornadas de navegación de chegar ao destino, o capitán entrou en crise cardíaca e faleceu ás 14:00 horas como consecuencia dunha insuficiencia cardíaca conxestiva.

Ao producirse a indisposición de madrugada, a tripulación decidiu abandonar o reto e solicitar axuda a Salvamento Marítimo, a través do teléfono satélite do barco.

O médico cardiólogo de a bordo, Antonio Grandío, conseguiu estabilizar o capitán, que recuperou consciencia, e decidiu a súa evacuación do barco. Pouco máis tarde produciuse unha chamada dun cruceiro americano, para establecer un punto de encontro, pero xusto nese momento faleceu.

Reto Astrolabio

O veleiro e a súa tripulación partiran o pasado 12 de marzo da Gomera rumbo a unha pequena illa do sur do Caribe co obxectivo de atravesar 3.000 millas de océano e recalar nun punto previamente fixado, utilizando só os medios e instrumentos do século XVII.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade