Falece Lino Blanco, compañeiro da TVG e un gran xornalista deportivo
Falece Lino Blanco, compañeiro da TVG e un gran xornalista deportivo
Lino foi unha das voces e rostros da TVG nos tempos do Eurocelta
Sempre vencellado ao deporte vigués, é unha gran perda para a crónica deportiva
Este martes foi un mal día para os que traballamos na Televisión de Galicia, e en xeral para todo o xornalismo deportivo galego. Deixounos un excompañeiro desta casa, Lino Blanco.
Lino foi unha das voces e rostros desta casa nos tempos do Eurocelta. Sempre vencellado ao deporte vigués, tanto de primeiro nivel coma de infantil, de base e modesto.
Deixounos logo dunha longa doenza. Dende aquí, unha aperta moi forte e todo o agarimo dos traballadores desta casa á súa familia e amigos.
🖤🖤 Hoxe deixounos Lino Blanco. Durante moitos anos compañeiro na @TVGalicia @EnXogo_tvG2 Sempre vencellado ao deporte vigués. Día triste DEP🖤🖤 pic.twitter.com/19JaCl86WD
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) March 15, 2022