Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o actor Juan Diego aos 79 anos

Falece o actor Juan Diego aos 79 anos

Juan Diego gañou tres premios Goya, nove candidaturas, cinco premios ao mellor actor no Festival de Málaga e a Cuncha de Prata ao mellor actor no Festival de San Sebastián

G24.gal 28/04/2022 11:21

O actor Juan Diego faleceu aos 79 anos, segundo confirmou hoxe a Asociación de Artistas Escénicos, Sociedade de Xestión (AISGE) na súa conta de Twitter. O actor atravesaba problemas de saúde nos últimos anos.

Juan Diego gañou tres premios Goya, obtivo nove candidaturas, conseguiu cinco premios ao mellor actor no Festival de Málaga e recibiu a Cuncha de Prata ao mellor actor no Festival de San Sebastián polo seu traballo en Vete de mí, de Víctor García Lion.

Entre as películas máis destacadas da súa carreira están París-Tombuctú, de Luis García Berlanga, e El rey pasmado, de Imanol Uribe, baseada na novela de Gonzalo Torrente Ballester Crónica del rey pasmado.

Para a historia do cinema e da cultura española quedará sempre a lembranza do seu papel como o señorito Iván, o vilán da película Los santos Inocentes de Mario Camus, baseada na obra homónima de Miguel Delibes, un símbolo do cinema de autor dos anos setenta.

O mesmo Juan Diego foi un símbolo desa época, da oposición á ditadura e das esperanzas da democracia. Era militante do PCE desde 1968, estivo detido en tres ocasións e dirixiu a Comisión de Arte e Cultura do Partido Comunista de España.

Juan Diego loitou polos dereitos dos actores, encabezou a folga do teatro en 1975 para reivindicar un día de descanso semanal e a súa traxectoria profesional está repleta de cinema político.

Diego Ruiz Moreno, máis coñecido como Juan Diego, naceu o 14 de decembro de 1942 na localidade sevillana de Bormujos de Aljarafe. Comezou a estudar Arte Dramática na súa adolescencia e posteriormente deu os seus primeiros pasos no Teatro Español Universitario (TEU) de Filosofía e Letras de Sevilla.

Juan Diego debutou como actor en Sevilla co obra Esperando a Godot, de Samuel Beckett.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade