Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o ciclista de 25 anos atropelado o luns en Dumbría

Falece o ciclista de 25 anos atropelado o luns en Dumbría

Este mércores recibirá sepultura na parroquia de Vilameñe, na localidade lucense de Taboada

G24.gal 31/07/2024 17:39

Falece o ciclista de 25 anos que sufriu un atropelo no municipio coruñés de Dumbría o pasado luns.

Foi un particular quen, pouco antes das 14.30 horas do pasado luns, advertiu o 112 Galicia deste accidente, que se produciu no quilómetro 22 da DP-3404.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deron aviso aos servizos sanitarios, así como aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dumbría.

O mozo foi trasladado polo helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e permanecía en estado grave dende o accidente.

Este mércores recibirá sepultura na parroquia de Vilameñe, na localidade lucense de Taboada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade