Falece o escalador que caeu nun rocódromo de Santiago
Falece o escalador que caeu nun rocódromo de Santiago
O home, de 30 anos, non superou as feridas que lle provocou a súa caída, hai un mes
Falece a persoa que caeu mentres practicaba a escalada nun rocódromo de Santiago. O home, de 30 anos, investigador posdoutoral da USC, non superou as feridas que lle provocou a caída.
Así o confirmou o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), grupo ao que pertencía o falecido, a través dunha nota de prensa publicada na súa páxina web e nas súas redes sociais: "O IGFAE lamenta comunicar o falecemento de Arnau Brossa Gonzalo, investigador postdoutoral que traballaba no experimento LHCb. Arnau faleceu en Santiago de Compostela este domingo 21 de xullo de 2024 debido ás complicacións producidas por un accidente de escalada".
O IGFAE lamenta comunicar o falecemento de Arnau Brossa Gonzalo, investigador posdoutoral do centro que traballaba no experimento LHCb do CERN.
— ⚡ Instituto Galego de Física de Altas Enerxías ⚛️ (@IGFAE_HEP) July 22, 2024
As súas amizades botarán moito en falta a súa calidez, amabilidade, dedicación, intelixencia e capacidade.
📰 https://t.co/8aBIFwovDZ pic.twitter.com/P7oEE2Mldd
O accidente sucedeu hai pouco máis dun mes tras precipitarse desde unha altura de oito metros nunha instalación deportiva situada no polígono Costa Vella de Santiago de Compostela.