Cargando resultados...
Falece o peón de 61 anos atropelado o venres por unha moto en Vigo
Falece o peón de 61 anos atropelado o venres por unha moto en Vigo
O piloto da moto permanece en estado grave no hospital Álvaro Cunqueiro
G24.gal
01/04/2023 13:55
Última actualización 01/04/2023 14:10
O peón atropelado por unha moto o venres pasado en Vigo faleceu este sábado no hospital Álvaro Cunqueiro, onde foi evacuado tamén o piloto da moto, que continúa ingresado en estado grave.
O falecido é un home de 61 anos que foi alcanzado ao redor das 20:30 horas do venres por unha moto cando camiñaba á altura do número 22 da avenida da Florida.
O 112 Galicia informou do accidente ademais de ao persoal sanitario, a Policía Local, a Nacional e os bombeiros da cidade.
Tanto o peón coma o piloto da moto foron evacuados ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde este sábado falecía o viandante. O condutor da moto segue hospitalizado en estado grave.