Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un bebé por un desprendemento de rochas nunha praia de Formentera

Falece un bebé por un desprendemento de rochas nunha praia de Formentera

As rochas caeron enriba do pai e da criatura de dous meses

G24.gal 18/07/2024 16:31

Falece unha meniña de dous meses ferida na mañá deste xoves por un desprendemento de rochas na praia de Es Copinar, en Formentera.

Os intentos de estabilización e as medidas terapéuticas levadas a cabo polos servizos de emerxencia non puideron salvar a nena, que se atopaba co seu pai no momento do suceso.

O home, de 33 anos, tamén foi traslado ao hospital de Formentera con prognóstico menos grave.

Os feitos tiveron lugar cara ás 9.37 horas ao desprendérense dunha cornixa de arxila, varias rochas de grandes dimensións. As pedras caeron sobre o pai e a súa filla.

A previsión era evacuar a nena en helicóptero do SAMU 061 ao hospital de Eivisa, pero finalmente faleceu en centro hospitalario de Formentera.

Na praia actuaron os socorristas e as patrullas de Policía Local e do Servizo de Praias, os Bombeiros do Consell, Garda Civil e dúas ambulancias de soporte vital básico e soporte vital avanzado.

A Policía Local acordoou a zona do desprendemento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos