Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren dous condutores este domingo nas estradas galegas

Morren dous condutores este domingo nas estradas galegas

Un dos accidentes de tráfico rexistrouse en Cambre e outro en Silleda

O lugar do accidente ocorrido en Cambre
G24.gal 10/09/2023 11:55 Última actualización 10/09/2023 15:17

Un mozo faleceu este domingo nun accidente de tráfico ocorrido ás nove da mañá na A-6 ao seu paso polo concello de Cambre.

Por causas aínda sen determinar, foise por fóra da vía co coche no lugar do Tuíño. O vehículo elevouse no aire, voou uns vinte metros e caeu nunha leira de millo.

Os Bombeiros de Arteixo tiveron que excarcerar o corpo. Ata o lugar tamén se desprazou persoal sanitario, os Bombeiros de Betanzos, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Abegondo.

Outro condutor faleceu horas despois noutro accidente no concello de Silleda, na parroquia de Dornelas. Segundo informa o 112, sufriu unha indisposición antes do sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade