Falece un motorista de 49 anos nun accidente de tráfico en Meaño
Falece un motorista de 49 anos nun accidente de tráfico en Meaño
O motociclista bateu contra un coche estacionado e unha casa
Un motorista de 49 anos faleceu este xoves despois de colidir contra unha casa e un coche no concello pontevedrés de Meaño.
Segundo informou a Garda Civil, o sinistro tivo lugar sobre as 7:00 horas deste xoves no quilómetro 2,7 da estrada EP-9305 ao seu paso por Coirón, Meaño.
Ata o lugar acudiu unha ambulancia de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico para atender o condutor, que faleceu no punto do sinistro, segundo indicaron fontes sanitarias.
Ao punto do accidente, concretamente no lugar de Padrenda, tamén se dirixiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e persoal de limpeza e mantemento da Deputación de Pontevedra.
Tamén foron informados os membros do GES de Sanxenxo e os bombeiros de Ribadumia, pero a vítima estaba liberada e accesible e, por tanto, descartaron a súa intervención.
Segundo a Garda Civil, o accidente produciuse no quilómetro tres, da estrada que vai de Dena a Barrantes en Padrenda ao seu paso polo lugar de Bouzas.
O piloto circulaba en dirección a Barrantes, cando a súa moto se saíu da estrada e foi bater contra a parede da casa. A moto seguiu adiante pola inercia que levaba, bateu contra este coche que estaba aparcado na beiravía e desprazouno ata que deu cun poste da luz. Despois rebotou ata quedar varios a varios metros do coche.
Detrás do accidentado viaxaba unha furgoneta, a que, ao parecer, acababa de adiantar e parou inmediatamente para avisar do accidente. O home, residía na zona e era un experto coñecedor da estrada, na que hai un tramo de curvas enlazadas, pero que non presentan moita dificultade. Non se sabe con seguridade cales foron as causas do accidente pero non se descarta ningunha hipótese, dende un despiste a unha velocidade inadecuada.
O 112 enviou dúas ambulancias ao lugar, unha delas con soporte vital avanzado, pero os sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida ao motorista. Tamén se desprazou unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e persoal de limpeza e mantemento da Deputación de Pontevedra. Alertaron aos membros do Grupo de Emerxencias de Sanxenxo e Bombeiros de Ribadumia, pero, como a vítima estaba liberada e accesible, descartaron a súa intervención.