Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home na Cañiza cando facía labores de limpeza nunha arqueta

Falece un home na Cañiza cando facía labores de limpeza nunha arqueta

As primeiras hipóteses apuntan a que se trata dun accidente ou dunha indisposición repentina da vítima, quen sufrira un ictus recentemente

G24.gal 05/05/2023 17:33

O corpo dun home de 65 anos foi atopado esta mañá por seu irmán nunha arqueta no lugar de Guntín, pertencente á parroquia de Oroso, no concello pontevedrés da Cañiza.

Ao parecer, a vítima, residente na parroquia onde faleceu, estaba facendo labores de limpeza na arqueta dunha poza para o regadío nunha zona de monte. O irmán atopouno pouco antes das dúas da tarde con medio corpo para arriba somerxido na auga.

De inmediato, o irmán da vítima deu aviso ao 112. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e sanitarios, que o único que puideron facer, amáis de sacar o home da auga, foi certificar a súa defunción.

Todo indica, á espera dos resultados das investigación, que o deceso do falecido foi consecuencia dun accidente ou dalgún problema de saúde previo ao sinistro. A vítima sufrira un ictus hai pouco máis dun mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade