Falece un home en Begonte ao saír da vía o coche que conducía
Falece un home en Begonte ao saír da vía o coche que conducía
O sinistro produciuse na antiga N-VI, a altura do quilómetro 517
O falecido é un veciño de Vilalba de 66 anos
Un home faleceu este venres nun accidente de tráfico ocorrido na antiga estrada Nacional VI ao seu paso polo concello de Begonte.
Segundo informa o 112, o sinistro produciuse á altura do quilómetro 517, onde o home saíu da vía e bateu contra unhas pranchas de formigón que había amoreadas na beira da estrada
🔴 #AXEGAInforma dun accidente de tráfico mortal en #Rábade. O condutor perdeu a vida tras saírse da vía co seu vehículo cando circulaba pola #NVI, á altura do punto quilométrico 517. Ademais dos sanitarios, ata o lugar acudiu a @guardiacivil e o servizo de mantemento. pic.twitter.com/oJgHXrHuqa
— 112Galicia (@112Galicia) June 3, 2022
O sinistro produciuse pouco despois do mediodía, e o falecido era o único ocupante do vehículo. Trátase dun veciño de Vilalba de 66 anos. Polo momento descoñécense as causas deste accidente de tráfico.