Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home en Riós atrapado baixo un tractor

Falece un home en Riós atrapado baixo un tractor

A vítima conducía o vehículo agrícola na estrada entre Vilariño e Rubiós cando se botou fóra e envorcou

O vehículo saíu da vía e circulou dez metros por un noiro

O falecido tiña 89 anos e collía o tractor con frecuencia

G24.gal 22/03/2023 16:25 Última actualización 22/03/2023 21:27

Un home faleceu esta tarde en Riós ao saír da vía e quedar atrapado baixo o tractor que conducía.

O sinistro produciuse na estada entre Vilariño e Rubiós. O falecemento certificouse no mesmo lugar do sinistro.

Por causas que aínda se están a investigar, o tractor saiu da vía e circulou uns dez metros polo noiro lateral ata que acabou envorcado e co condutor atrapado na cabina.

Foi un veciño que pasaba por esta pista de Rubiós o que deu aviso os equipos sanitarios pero nada se puido facer por salvarlle a vida.

O falecido é un home de 89 anos de idade que vivía só.

Segundo os veciños, collía o tractor con frecuencia e adoitaba levar o remolque.

Algúns deses veciños colaboraron nos labores para recuperar os vehículos implicados neste triste suceso.

Garda Civil, GES de A Gudiña e Bombeiros de Verín tamén se desprazaron ata o lugar dos feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade