Cargando resultados...
Falece un home de 88 anos nun regueiro no Barco de Valdeorras
Falece un home de 88 anos nun regueiro no Barco de Valdeorras
Foi o fillo da vítima o que localizou o corpo
As primeiras investigacións apuntan a unha caída fortuíta mentres buscaba castañas
G24.gal
31/10/2023 19:47
Última actualización 31/10/2023 21:09
Un home de 88 anos, veciño de Vilariño, foi atopado sen vida este martes nun regueiro na parroquia de Santigoso, no Barco de Valdeorras. Foi o fillo da vítima o que localizou o corpo e alertou as emerxencias.
Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061, os bombeiros, a Garda Civil e a Policía Local pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.
O corpo presentaba un golpe na cabeza e a Garda Civil apunta a unha caída fortuíta mentres o home buscaba castañas. Con todo haberá que agardar aos resultados da autopsia para confirmar o sucedido.