Falece un motorista de 47 anos ao chocar cun coche en Quiroga
Falece un motorista de 47 anos ao chocar cun coche en Quiroga
Desprazáronse ata o lugar os servizos sanitarios, que só puideron confirmar o falecemento
Un veciño de Quiroga, de 47 anos, morreu nun accidente rexistrado na saída da vila cara a San Clodio, en Ribas de Sil. A vítima conducía unha motocicleta cando impactou contra a parte traseira dun coche, ao parecer ao reducir a velocidade.
Tratábase dun axente da Garda Civil de Tráfico, destinado no destacamento do Barco de Valdeorras. O suceso causou unha fonda consternación na contorna.
A colisión foi tan violenta que o casco non lle puido salvar a vida ao motorista. Tampouco as manobras de reanimación dos sanitarios do 061 que acudiron ata o lugar do sinistro.
Precisamente o corpo onde prestaba servizo o axente falecido, a Garda Civil de Tráfico, investiga agora as circunstancias deste suceso.