Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un motorista de 57 anos nun accidente de tráfico en Vigo

Falece un motorista de 57 anos nun accidente de tráfico en Vigo

O condutor doutro turismo invadiu o carril contrario e bateu contra a motocicleta, que caeu por un barranco 

 

G24.gal 23/05/2023 09:32 Última actualización 23/05/2023 14:11

Un motorista de 57 anos faleceu esta madrugada nun accidente de tráfico en Vigo. O condutor doutro turismo invadiu o carril contrario e bateu contra a motocicleta, que saíu da vía por un barranco.

As primeiras investigacións apuntan a que o condutor do automóvil quedou durmido. O motorista saíu despedido por un terraplén e foi atopado polos bombeiros de Coruxo entre a maleza.

Sucedeu na estrada provincial PO-325, concretamente no quilómetro 8 da estrada da costa entre as parroquias de Saiáns e San Miguel de Oia.

O 112 mobilizou os Bombeiros de Vigo e tamén efectivos da Garda Civil de Tráfico e da Policía Nacional. Os bombeiros tiveron que rescatar a vítima, pero os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida.

O conductor do turismo, de 45 anos, foi trasladado ao hospital de Povisa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade