Falece un motorista de 49 anos nun accidente en Vigo
Falece un motorista de 49 anos nun accidente en Vigo
O piloto bateu contra un turismo, cuxa condutora quedou ilesa
Un motorista de 49 anos de idade perdeu a vida nas últimas horas tras chocar contra un turismo na PO-552, ao seu paso pola parroquia de San Miguel de Oia, en Vigo.
Segundo confirmaron fontes do CIAE 112-Galicia, o accidente ocorreu sobre as 21:30 horas deste xoves e foron varios os particulares que alertaron a Emerxencias para informar do suceso. Así, as testemuñas relataban que o condutor da moto necesitaba atención sanitaria urxente tras chocar contra un coche.
O 112 avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia de soporte vital básico, unha ambulancia de soporte vital avanzado e un equipo de Atención Primaria ata o punto do accidente e, aínda que o persoal sanitario estivo a lle practicar manobras de reanimación cardiopulmonar, non puido facer nada por salvar a vida do motorista.
A condutora do vehículo saíu ilesa.
Os servizos de Emerxencias tamén alertaron a Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil e os servizos de mantemento da estrada, que se encargaron de restablecer a circulación nese punto da vía.