Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un motorista de 21 anos nunha colisión frontal en Gondomar

Falece un motorista de 21 anos nunha colisión frontal en Gondomar

A Garda Civil confirma que o condutor do vehículo, que foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, deu negativo en alcol e drogas

G24.gal 25/04/2024 08:42 Última actualización 25/04/2024 14:06

Un veciño de Gondomar de 21 anos faleceu esta madrugada nunha colisión frontal cun turismo na PO-340, na parroquia de Mañufe, segundo informa o 112.

Un particular deu aviso a emerxencias da presenza dunha persoa inconsciente no medio da estrada logo de producirse o impacto.

O ciclomotor que pilotaba o falecido circulaba en dirección Gondomar e o outro vehículo en sentido oposto, cando, por causas que investiga a Garda Civil, ambos chocaron.

Os servizos sanitarios do 061, unha ambulancia asistencial de soporte vital básico e persoal do PAC de Nigrán desprazados ata o punto xa non puideron facer nada por lle salvar a vida ao mozo, que levaba o casco posto. 

O condutor, outro veciño de Gondomar, de 26 anos, foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A Garda Civil confirma que deu negativo nas probas de alcol e drogas. 

A vía permaneceu cortada ao tráfico durante un par de horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade