Cargando resultados...
Un motorista de 55 anos falece nun accidente na AP-9, á altura de Chapela
Un motorista de 55 anos falece nun accidente na AP-9, á altura de Chapela
O home faleceu tras bater primeiro contra a mediana e logo contra o valado protector preto da saída 151 da autoestrada
A Garda Civil de Tráfico investiga as causas e lembra que puxo en marcha unha campaña especial de vixilancia de motocicletas
G24.gal
02/06/2024 08:59
Última actualización 02/06/2024 10:51
Un motorista de 55 anos faleceu na mañá deste domingo na autoestrada do Atlántico á altura de Chapela, preto da saída 151.
Segundo as primeiras informacións, bateu primeiro contra a mediana e logo contra o valado exterior, posiblemente por un exceso de velocidade.
A Garda Civil de Tráfico investiga as causas do sinistro e lembra que está a levar a cabo unha campaña especial de vixilancia das motocicletas, comprobando documentación e posibles irregularidades.