Cargando resultados...
Falece un neno de dous anos ao caer desde un sexto andar en Madrid
Falece un neno de dous anos ao caer desde un sexto andar en Madrid
As primeiras investigacións apuntan a que a caída foi accidental
Os servizos de emerxencia só puideron certificar a morte
G24.gal
03/11/2022 18:47
Última actualización 03/11/2022 19:30
Un neno de dous anos morreu ao caer desde un sexto andar en Madrid. Os servizos de urxencias non puideron máis que confirmar a morte do pequeno que faleceu no acto.
Segundo algunhas testemuñas, o meniño precipitouse pola ventá da cociña, dende uns 12 metros de altura. A Policía Nacional está investigando o suceso pero todo apunta a que se trata dun accidente.