Falece un operario en Rubiá atrapado nunha máquina dunha central hidroeléctrica
Falece un operario en Rubiá atrapado nunha máquina dunha central hidroeléctrica
Os bombeiros liberaron o traballador, de 56 anos, que faleceu no mesmo lugar do sinistro, situado na parroquia de Covas
Un operario faleceu na mañá deste mércores tras quedar atrapado nunha máquina dunha central hidroeléctrica situada na localidade ourensá de Rubiá.
Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron minutos antes das 12:30 horas e foi o propio persoal das instalacións o que alertou os servizos de emerxencia.
🔴 #AXEGAInforma dun operario que faleceu mentres traballaba nunha central hidroeléctrica situada en Rubiá.
— 112Galicia (@112Galicia) January 24, 2024
Os #BombeirosValdeorras interviñeron para liberar o corpo, que quedou atrapado nunha das máquinas.
🔗 https://t.co/4JMWwcRTui pic.twitter.com/GGNMwfZUIY
Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activou o operativo, solicitando a participación de Urxencias Sanitarias, dos bombeiros e do GES de Valdeorras e dos axentes da Garda Civil.
Unha vez no punto, situado na parroquia de Covas, os bombeiros liberaron o corpo do traballador, de 56 anos, sen que se puidese facer nada para salvarlle a vida a pesar da asistencia dos equipos sanitarios de Atención Primaria que se desprazaran ata o lugar no que se produciu este accidente laboral.